
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada de xeito integral. A escrita provén do contacto directo do autor e a directora con rapaces e rapazas de vivendas tuteladas, levando as súas experiencias ao escenario para crear unha obra realista e con moito ritmo. O espectáculo, que conta co apoio da Deputación da Coruña, aborda as súas realidades con punto de partida en vivencias propias, unha linguaxe accesible e situación da vida cotiá a través das que reflicten as súas dificultades cunha posta en escena chamativa; un estilo cru e directo.
Elenco: Anxo Outumuro, Victoria Pérez, Sara Ferro
Dirección: Tamara Canosa
Duración: 60 min
