O conto de Barrigaverde

Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen se lle dedica o Día das Letras 2016. Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán ao mesmo tempo que nada é máis forte que o amor verdadeiro. «Aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: paseo, leo e escribo…!» (Manuel María, Os Soños na Gaiola, 1968)

Elenco: Fran Rei

Dirección: Tareixa Campos

Xéneros: Narración oral, maxia

Duración: 55 minutos

Close
Close